Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.
Galega de Artesáns, dende 1983

Creamos accións directas para a mellora da artesanía de Galicia.

Galega de Artesáns, Asociación profesional de ámbito autonómico que agrupa a artesáns de toda Galicia.

Servizos

Somos xente de oficio, creativa e vital, que traballamos para:
01.

Prestar servizos

Servizos exclusivos para os seus asociados e en xeral para a mellora do sector, en accións de promoción, dinamización, formación e comercialización abertas a todo o colectivo de obradoiros artesáns galegos.

O equipo profesional da Asociación traballa dende a oficina na sede da entidade, en horario de 9 a 14 h, de luns a venres, baixo as indicacións e premisas establecidas pola directiva correspondente.

A sede é propiedade da Asociación, e consta con espazos para o almacenaxe, arquivo histórico, biblioteca, reunións telemáticas e presenciais, e tamén coa posibilidade de desenvolver actos, presentacións e actividades diversas, ademais do reservado para a actividade de xestión e administración.

03.

Ofrecer prestacións únicas

Ademais de traballar na curación de contidos para a selección de información que é transmitida, o equipo profesional asesora ou facilita canles de asesoramento para as persoas socias, en eidos específicos relacionados co sector artesanal, para calquera necesidade ou interese que poida ter no exercicio da súa actividade profesional.

Organiza e xestiona a celebración de eventos comerciais, exposicións e actividades de promoción da artesanía en xeral. Sinaladamente as feiras Mostrart, Ofeitoaman, Ofeitoman Sanxenxo e O Mercado do Nadal de María Pita na Coruña.

Tamén atende á adquisición, almacenaxe, control de existencias e distribución do material da Marca Artesanía de Galicia, o que inclúe a edición e distribución dos identificadores dos obradoiros artesáns rexistrados e das tendas de artesanía co uso da Marca, e a edición e distribución das etiquetas con código QR para todos os obradoiros rexistrados.

02.

Comunicar

Dispoñemos de canles de contacto abertas por correo electrónico, teléfono fixo e móbil, con contas en whatsapp, instagram e facebook. E a web da Asociación onde se pode atopar diversidade de información xeral sobre o sector artesán galego e cunha sección de acceso restrinxido para as persoas socias.

04.

Colaborar

A Asociación, en colaboración con outras entidades atende tamén ás solicitudes de información e guía para novos artesáns, sexan ou non persoas socias.

E como membro designado na Comisión Galega de Artesanía, participa na resolución das solicitudes de Carta de Artesán e Inscrición de Obradoiros no Rexistro Xeral, e en todos aqueles temas que en dito organismo se atenden en relación ás necesidades específicas dos artesáns galegos.

05.

Ser máis

Galega de Artesáns formou parte tamén da fundación da Organización de Artesanos de España, Oficioyarte OAE e traballa xunto con outras asociacións do Estado na defensa dos intereses colectivos do sector e na promoción do feito artesán a nivel nacional e internacional.

Ser socio de AGA leva engadido pertencer tamén á Oficioyarte OAE e ter acceso a toda a información e accións que dende dita organización se desenvolve.

www.oficioyarte.info

· dende 1983 ·

Fotografía do Obrdoiro Belategui Regueiro

Galega de Artesáns, fundase en 1983 por un grupo de artesáns que compartían unha idea da Artesanía como actividade profesional, cultural e económica.

Na actualidade agrupa a profesionais artesáns de toda a comunidade autónoma de diversidade de oficios, tanto tradicionais como contemporáneos.

 

Auto-definímonos como novos-artesáns, enfocando os oficios artesáns como unha alternativa profesional. Por todo isto, dende o inicio a asociación mantén un carácter optimista e motivador.

 

Grazas ao traballo voluntario e máis ao entusiasmo, a asociación comezou a andar e a súa primeira actividade foi todo un acontecemento, non tanto pola súa importancia como polo seu carácter.

 

A exposición Outrasartesanías, realizada no verán de 1983 na sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña, acadou o interese de numerosos artesáns contemporáneos galegos, xa que esta exposición representaba unha concepción renovada e actual dos oficios artesáns, con expositores daquela descoñecidos mais que hoxe ocupan un lugar relevante nas súas especialidades, como Ramón Puig Cuyás, (ourive de Barcelona), Suso Montero da Coruña ou Manolo Gómez (tamén da Coruña), quen, en poucos anos, encamiñou a súa enerxía creativa cara á insólita e arriscada aventura do cine de animación, coa produtora Dygra (O bosque animado, estreada no 2001).

 

Aquela exposición presentou en sociedade a asociación e supuxo, sen o pretender, a captación de socios, que pasaron con rapidez de 21 a preto dun cento en toda Galicia.

A exposición Outrasartesanías representou o espertar da artesanía contemporánea en Galicia.

 

Nos seguintes anos, e encamiñada a profesionalización da asociación, esta chegaría a contar con preto de 400 socios, mantendo en todo momento unha estratexia de acción directa na promoción e desenvolvemento da artesanía de Galicia

 

Galega de Artesáns acadaría fitos tan importantes como promover a Lei de artesanía de Galicia en 1992, a realización das coñecidas feiras de artesanía Mostart na Coruña, e Ofeitoaman en Vigo (con máis de 30 edicións consecutivas cada unha), ou a creación en concerto coa Xunta de Galicia da creación da marca Artesanía de Galicia.

Estatutos

Consulta na seguinte ligazón e en formato PDF os Estatutos da Asociación Galega de Artesáns:

Estatutos

Consulta na seguinte ligazón e en formato PDF os Estatutos da Asociación Galega de Artesáns:

Preguntas frecuentes . . .

Quen pode ser socio de Galega de Artesáns?

Vincularse a Asociación é unha decisión voluntaria. Poden solicitar ser persoas socias os profesionais artesáns que respondan aos criterios indicados na Lei de Artesanía de Galicia e cuxa actividade poida encadrarse en algunha das actividades artesanais recoñecidas por dita Lei.

Os Estatutos só recoñecen a afiliación de persoas, non de entidades xurídicas, pero poden agruparse internamente baixo unha mesma denominación varios profesionais dentro dun único obradoiro e cunha única cota.

Que documentación necesito para asociarme?

Toda a documentación e a información sobre os servizos que presta a Asociación poden consultarse aquí, en versión PDF.

  • Os documentos son autoeditables para os datos a cubrir.
  • É imprescindible a sinatura para a ficha de inscrición e o documento de domiciliación.
  • Poden remitirse por medios dixitais ou en papel por correo postal ao enderezo da Asociación.
De quen depende a aprobación da admisión?

A admisión de persoas socias é competencia da Xunta Directiva que estuda individualmente cada solicitude.

Para esta valoración é imprescindible aportar tamén documentación gráfica da actividade artesanal, en imaxes ou coa indicación de información accesible en internet (web e RRSS).

Cal é o importe da cota de socio?

O importe da cota mensual actual, que decide a Asamblea anualmente, é de 18 eur, e pásanse ó cobro o principio de cada semestre natural (xaneiro e xullo), polo que os recibos son de 108 eur netos.

 

As cotas non teñen IVE, pero si son liquidables como gastos.

 

Na comunicación de admisión aos novos socios se lles indica o importe a aboar para facela efectiva: a parte proporcional desde o mes seguinte a data de admisión máis o semestre seguinte correspondente.

Un exemplo: admisión en reunión da Xunta Directiva en abril. Importe para a admisión: 144 eur. 36 eur + 108 eur. (maio, xuño e o segundo semestre).

Prensa

Descarga no seguinte botón o arquivo comprimido (.zip) coas versións do logotipo da Asociación Galega de Artesáns, en formato PDF, JPG e PNG:
Colabora para mellorar o sector artesanal galego

Dende o tradicional ó contemporaneo,
únete a Galega de Artesáns!

Gústanos