A actividade artesanal está regulada por lexislacións autonómicas e estatais, de distintos organismos
Aquí recollemos algunha información relativa á nosa Lei de Artesanía e a súa articulación. Tamén sobre outros aspectos non específicos
Carta de Artesá/n
A Carta de Artesá/n é un documento oficial emitido pola Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Acredita o oficio da persoa titular nunha das actividades artesanais recollidas na Lei de Artesanía de Galicia e as súas actualizacións.
O procedemento de solicitude é gratuíto, en todos os seus términos, e está regulado pola propia Lei de Artesanía e a lexislación que a desenvolve.
A solicitude é tratada pola Comisión Galega de Artesanía, organismo participado pola administración e o sector artesáns, que a estuda e propón ou denega a súa concesión.
Procedemento Solicitude Carta
A presentación da solicitude farase preferentemente por medios electrónicos.
É un procedemento simple, para o que hai que presentar unha memoria profesional e acreditar ou certificar algún dos puntos indicados no artigo 12 da normativa refundida no Decreto 218/2001, do 7 de setembro.
Certificación para a Carta
No caso de non poder acreditar documentalmente as 500 horas de formación para a solicitude da Carta,
Pódese solicitar a calquera das Asociacións representadas na Comisión Galega de Artesanía, entre elas, Asociación Galega de Artesáns, a emisión dun documento certificativo que acredite que a persoa solicitante:
Exerce unha actividade artesanal que supoña a creación, producción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servizos, sempre que estes se presten ou obteñan mediante procesos nos que a intervención persoal constituya un factor predominante e o producto final sexa de factura individualizada e distinta da propiamente industrial, tal e como se establece no artigo 2, apartado 1º da Lei 1/1992, do 11 de marzo, de Artesanía de Galicia.
Rexistro Xeral de Artesanía
A Lei de Artesanía recolle no capítulo II, artigo 7, a creación do Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia.
Este rexistro é único, público e gratuíto. Consta de tres seccións:
1. Actividades Artesás
2. Obradoiros Artesáns
3. Artesáns e mestres artesáns*
Tanto a concesión de Carta como a de Obradoiro implica a inscrición neste rexistro. O de Obradoiros pódese consultar publicamente.
*Actualmente sen procedementos nin concesións na práctica
Inscrición do Obradoiro
Para inscribirse nesta sección do Rexistro é necesario ter a Carta e estar de alta en actividade económica.
Poden solicitar a inscrición as persoas físicas que dispoñan de Carta de Artesá, ou persoas xurídicas cuxa actividade sexa a produción de Artesanía e que teñan como responsable da producción a un artesán con Carta de Artesá na mesma actividade.
Os obradoiros inscritos son tamén de xeito automático usuarios da Marca de Artesanía de Galicia.
Procedemento Inscrición Obradoiro
O procedemento de solicitude realizase preferentemente por medios electrónicos.
Para a inscripción é imprescindible estar de alta no IAE correspondente, en consecuencia tamén de alta na Tesorería da Seguridade Social. Recoméndase autorizar á Consellería a consultar o cumprimento das condicións necesarias para a inscrición, para non ter que aportar documentación acreditativa.
Marca Artesanía de Galicia
Os obradoiros inscritos no Rexistro Xeral son usuarios autorizados da Marca Artesanía de Galicia.
A Marca está regulada pola Orde do 26 de outubro de 2018. As tendas que comercialicen pezas de cando menos 5 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral poden solicitar o uso da Marca por un procedemento regulado na mesma orde.
O uso indebido da Marca pode dar lugar á revogación da autorización ou suspensión do seu uso, sen prexuizo das sancións que se poidan formular en materia de consumo.
Pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia
Regulamento Marca Artesanía de GaliciaAutorización do uso da Marca Artesanía de Galicia. Tendas.
Procedemento IN201EMercar material da Marca
Asociación Galega de Artesáns xestiona a adquisición e distribución dos elementos da Marca Artesanía de Galicia.
Bolsas, sobres, papel de envolver, adhesivos, precinto e cinta grosgrain.
Os pedidos do material por parte dos obradoiros e tendas pódense facer a través do correo electrónico, teléfono ou whatsapp. Os pedidos sírvense por mensaxería en 24 hs con previo pago na conta específica da Marca ou recolléndoos na sede da Asociación no horario de atención ao público, de 9 a 14 hs, de luns a venres.
A tarifa de prezos actualízase periodicamente e publicase na nosa web.
Elementos Marca Exclusivos
Hai dous elementos cuxa comercialización está restrinxida.
As etiquetas identificativas con codigo QR, que só poden ser adquiridas polos obradoiros rexistrados, de mil en mil unidades, nun dos tres tamaños dispoñibles: 25x25, 40x40 ou 60x60 mm (plegadas). As 1.000 primeiras etiquetas para cada obradoiro son de balde.
O outro elemento restrinxido é o identificador do obradoiro ou da tenda, unha peza para colocar en superficie que acredita a quen o emprega como usuario autorizado da Marca. Este identificador é gratuíto para a primeira unidade. Os duplicados, por perda, rotura ou necesidade loxística teñen un custo regulado.
Lembra que o acceso ás axudas específicas de Artesanía requiren sempre da acreditación do uso de estes dous elementos na comercialización.
Axudas Sector Artesanal
Como micro-empresas, os obradoiros artesáns poden beneficiarse de diversas axudas das Administración Públicas.
Lembra que por Lei, unha empresa artesá non pode ter máis de 10 traballadores en nómina.
A Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia dispón dun Plan de apoio á artesanía que contempla diferentes axudas que se convocan anualmente.
Ademais destas existen múltiples liñas de axuda non específicas de outros organismos e entidades que poden ser de interese para autónomos, pequenas e medianas empresas en xeral.
Información en detalle na Area de Socios.
Vender Artesanía
A comercialización de produtos artesáns pódese facer por distintas canles.
En tendas, especializadas ou non. Por internet en páxinas e redes sociais propias ou alleas. En Feiras de Artesanía ou mistas, ben sexa con venta ao público ou a profesionais.
Ter actividade comercial en todos os casos esixe a alta no IAE e xeralmente tamén na Tesourería da Seguridade Social (autónomos).
A participación en feiras está sometida ás condicións que cada unha delas inclúa na súa convocatoria.
É recomendable dispoñer dun seguro de Responsabilidade Civil para a participación en feiras e mercados.
Outras Normativas
Ademais das regulacións específicas para o sector en Galicia,
Existen normativas e documentos diversos que afectan á actividade artesá, e que podes consultar na Area de Socio.
- Normativa Metais Preciosos
- Lexislación sobre consumo
- Protección de datos
- Prevención de Riscos Laborais
- Actividade económica: IAE, CNAE, TSS
- Normativas Unión Europea
- Cualificacións Profesionais
- Fotografía e Vídeo
- Internet e RRSS
- Normativas de Comercio