Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.
Back

FAN II. Feira Artesá do Nadal 26-27

Abrimos o prazo para solicitar participación na segunda edición da Feira Artesá do Nadal da Coruña, que se desenvolverá dende o sábado 5 de decembro de 2026 até o martes 5 de xaneiro de 2027, nos Xardíns de Méndez Núñez. 

Horario de apertura ao público: de 11:30 a 14:30 e de 17 a 21 h. 24 e 31 de decembro, só de mañá. 25 de decembro e 1 de xaneiro, pechada.

A participación está aberta a obradoiros artesáns profesionais galegos e de fóra de Galicia, para ocupar un máximo de 27 casetas.

O prazo de solicitude remata ás 14 h. do venres 18 de setembro.

Todo o proceso de solicitude faise neste formulario, no que tamén se poden consultar as modalidades de participación e as condicións xerais de celebración da feira.