Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.

Liño de Galicia

Liño de Galicia

Taller de liño desde 1996.

Liño de Galicia é un obradoiro que vén desempeñando unha importante labor de recuperación da tradición da antiga manufactura do liño téxtil, unhas actividades que se foron perdendo co paso do tempo e que hoxe gozan cada vez de maior prestixio.

A empresa Liño de Galicia está ligada á Asociación Amigos do Liño, creada no ano 1996 co obxectivo de dar a coñecer tanto este material como as técnicas tradicionais de manipulado.

O traballo de Liño de Galicia pódese ver en directo no Castelo de Vimianzo, onde se exhiben e se venden as pezas que se elaboran no obradoiro e se fan demostracións todos os días do ano. Nos teares dos que dispón este obradoiro na primeira planta do Castelo confecciónanse todo tipo de prendas: dende teas, lenzos, puntillas, mantelería, cortinas, pantalóns, chaquetas, camisas ata traxes de cerimonia.

Datos de contacto
Enderezo da tenda-taller

Castelo de Vimianzo.
CP 15129, Vimianzo, A Coruña.

Teléfonos

696 268 923

Email
Páxina web / Redes sociais
Back