Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.
Back

Oficios en acción

Volve Oficios en Acción!

No centro Ágora da Coruña, 11 obradoiros de oficios concentrados nun só día, o sábado 1 de abril. Celebrando a Primavera! De 11 a 14 e de 17 a 20 h poderás ver demostracións de talla de vidro, marroquinería, tecido en baixo lizo, olaría ou zapataría. E participar facendo esmaltado de xoias, tapices de alto lizo, practicando no torno cerámico, facendo pulseiras ou brazaletes de alpaca ou prata, aprendendo estampado téxtil Hapa Zome, construíndo unha pandeireta ou iniciándote na técnica Miyuki.

Apúntate para poder participar nos obradoiros escribindo a asociacion@galegadeartesans.org , chamando ao 981 293 688 ou por whatsapp no 616 539 251. Prazas limitadas.

Oficios en Acción enmarcase na celebración dos Días Europeos da Artesanía e se desenvolve grazas á colaboración e financiamento do Concello da Coruña con Asociación Galega de Artesáns para a súa realización.

Date unha volta polo Ágora o sábado 1 de abril e coñecerás algo máis dos Oficios Artesáns. Seguro que te sorprenderás!