Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.

Tres Caracoles

Tres Caracoles

Artesanía en coiro.

Son Ana Novo e Tres Caracoles é o meu proxecto máis persoal, artística e profesionalmente.

Tras formarme en artes plásticas, plasmar as miñas inquedanzas creativas a través da fotografía e aprender técnicas de modelado, tinguido en seda, restauración, cestería e coiro, finalmente decanteime por este material para elaborar as miñas pezas de artesanía.

O coiro converteuse no protagonista da miña historia, unha historia de arte e artesanía.

Ao longo destes anos fun perfilando un estilo diferencial baseado en deseños minimalistas, debuxos conceptuais e un poderoso uso da cor. Unha peza de Tres Caracoles é resistente, duradeira e envellece moi ben. E coa aspiración de acompañarvos durante moito tempo en perfecto estado.

Datos de contacto
Enderezo da tenda-taller

Ronda das Fontiñas, 202 – 1º A.
CP 27002, Lugo.

Teléfonos

661 464 551

Email
Páxina web / Redes sociais
Back