Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.

Mauve Concept

Mauve Concept

Taller de Xoiería

Chámome Delia Esperante e son da Coruña. A miña traxectoria comezou no ámbito do deseño e da coordinación de moda, pero ao rematar esta formación sentín a necesidade de afondar nunha disciplina máis ligada á creación manual, onde a creatividade fose o centro de todo. Foi así como comecei o grao superior de Xoiaría Artística na Escola de Artes Mestre Mateo.

Durante esta etapa de formación descubrín unha profesión que ata entón descoñecía, pero coa que conectei desde o primeiro momento e que acabou por definir o meu camiño profesional.

Unha vez finalizados os estudos, traballei en distintas empresas do sector para ampliar coñecementos e adquirir experiencia, aprendendo sobre métodos de traballo, técnicas de fabricación e procesos de deseño.

Co paso do tempo decidín dar un paso máis e crear a miña propia marca, centrada na elaboración de xoias artesanais cun estilo atemporal e divertido, pensadas para ofrecer ás clientas unha experiencia única a un prezo competitivo.

Ademais do traballo no taller, comparto nas miñas redes sociais o proceso de creación das xoias en prata e imparto cursos e clases semanais no meu taller da Coruña, onde achego esta profesión dunha maneira próxima, entretida e accesible.

Datos de contacto
Enderezo da tenda-taller

Ramón María Aller
CP 15010, A Coruña

Teléfonos

690 321 691

Email
Páxina web / Redes sociais
Back