Somos unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1989 e formada por un centro ocupacional e un centro especial de emprego.
O noso principal obxectivo é a integración socio-laboral de persoas con discapacidade intelectual a través dunha ocupación totalmente artesanal: o tecido en alto e baixo lizo.
Se che interesa coñecer o mundo dos teares, contacta connosco para coñecer o proceso ou para realizar un curso de formación téxtil en alto ou baixo lizo.
Tenda on line.
Chales, bufandas, tapices, camiños de mesa, toallas…
|