AGA dispón dunha oficina en A Coruña, aberta de 9 a 14 h. e de luns a venres.

Desde esta oficina realizase a xestión de tódolos servizos e actividades que desenvolve a asociación, desde un enfoque profesional.

Estes son algúns dos servizos que se prestan ós socios:

Informa periódicamente, por correo postal, correo electrónico ou teléfono, das noticias, convocatorias, feiras, subvencións, demandas de particulares ou empresas, novidades lexislativas, etc.

Asesora sobre os trámites dos seus socios nas diferentes seccións do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, excepto no da Carta de Mestre Artesán. Por este procedemento obtense a Carta de Artesán e a cualificación de Taller Artesán en Galicia, necesaria para solicitar calquera tipo de axuda do programa de apoio á artesanía da Xunta de Galicia.

Integra automáticamente os seus socios en Oficio y arte, Organización de los Artesanos de España (OAE), que acceden ós seus servizos e actividades, e aparecen no directorio da web www.oficioyarte.org

Defende os intereses profesionais dos artesáns: promoveu a redacción da Lei de Artesanía de Galicia actualmente en vigor, da Comisión Galega de Artesanía e do Centro Galego da Artesanía e do Deseño (actualmente Fundación Pública Artesanía de Galicia); participa na campaña do artigo 130.1 da Constitución Española no que se refire á artesanía, a través de Oficio y arte, OAE; involucrouse en diferentes xestións en relación o Estatuto do Traballo Autónomo; participa nas reunións da Comisión Galega de Artesanía e das súas comisións de traballo; colabora con diferentes institucións públicas e entidades privadas en temas de interese para o sector.

Organiza feiras de venda directa: Mostrart en A Coruña, e Ofeitoaman en Vigo, ambas con máis de 35 anos de existencia, e colabora con numerosas feiras organizadas por outras entidades, tanto en Galicia como no resto de España ou noutros países.

Organiza diversas actividades de promoción: encontros, cursos, edición de publicacións, visitas a feiras, xornadas técnicas, etc.

AGA é a única entidade colaboradora oficial da Marca Artesanía de Galicia, e edita e distribúe todo o material de promoción e de embalaxe desta marca.

Asesora sobre calquera aspecto relacionado co exercicio dun oficio artesanal e busca información sobre as demandas que poidan formular os seus socios (provedores, actividades, axudas, lexislación…).

A través desta web, pon a disposición de compradores profesionais ou privados, o meirande catálogo de artesanía de Galicia, continuamente actualizado. Cada socio dispón dunha mini-web na que se pode coñecer o tipo de produción que realiza e os seus datos de contacto.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  asociacion@galegadeartesans.org

aviso legal  |  política de privacidade