Pulsa sobre cada imaxe para ampliar.

21/02/2008, Exposicións

Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'

Esta será a segunda edición da exposición, con novas incorporacións. A primeira tivo lugar en Luxemburgo, na feira Mind&Matter (13-21 de outubro 2007), e ahora vaise celebrar no mes de marzo de 2008 nunha galería do Viaducto das Artes en París (próximo a Gare de Lyon), e organizada polo World Crafs Council-Europa.
A exposición conta ca colaboración de Ateliers d’Art de France.

O proceso de selección dos participantes de España correu a cargo de Oficio y arte, OAE, que pre-seleccionou a cinco candidatos de Catalunya, Galicia e Castela e León.
Finalmente o WCC-Europe seleccionou de entre eles a dous participantes, Marta Armada, xoieira de Vigo, e Xosé Dávila, ceramista de O Grove, ainda que actualmente reside en Barcelona.

A exposición vaise inaugurar o día 6 de marzo, e poderá visitarse do 7 ó 29 de marzo, ambos incluidos (horarios: luns a venres de 10 a 13 e de 14 a 18 h. sábados e domingos: de 13 a 18 h.).

Viaduc des Arts
55-57, avenue Daumesnil
75012 Paris

fotografías: pezas de José Dávila

Máis información en:

www.wcc-europe.org


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • Mostrart 2017 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia