
|
13/12/2019, Feiras
Ofeitoaman 2019
A feira de artesanía Ofeitoaman celebra a súa edición número 35 no exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo.
Será do 18 de decembro de 2019 ó 5 de xaneiro de 2020 e contará ca participación de 19 obradoiros artesáns profesionais galegos e un invitado de Portugal.
A feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns dende o ano 1985, forma parte do modelo de feiras de artesanía de calidade nas que todolos seus participantes están acreditados baixo a marca oficial Artesanía de Galicia.
Ofeitoaman sigue mantendo os seus principios: regalos auténticos, feitos por persoas que viven e traballan en Galicia e que pasan directamente das súas máns as do usuario ou consumidor.
Toda a información sobre a feira e datos de todolos expositores en:
www.ofeitoaman.org
|
|
|