
|
19/07/2018, Feiras
Mostrart talento fresco para o verán
A edición número 34 da feira máis importante de Galicia terá lugar do 28 de xullo ó 15 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, a altura do Cantón Pequeno.
Un paseo fresco e estimulante pola creatividade e o talento da Artesanía de Galicia.
Organizada pola Asociación Galega de Artesáns, co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Coruña.
O cartel deste ano reproduce un deseño de William Morris, figura destacada da artesanía contemporánea.
Toda a información e o listado de expositores en:
www.mostrart.org/2018
|
|
|