
|
30/11/2017, Feiras
Ofeitoaman 33
A feira de artesanía Ofeitoaman celebra a súa edición número 33 no exterior do Centro Comercial A Laxe de Vigo.
Será do 16 de decembro de 2017 ó 5 de xaneiro de 2018 e contará ca participación de 20 obradoiros artesáns profesionais galegos e un invitado de Portugal.
A feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns dende o ano 1985, forma parte do modelo de feiras de artesanía de calidade nas que todolos seus participantes están acreditados baixo a marca oficial Artesanía de Galicia.
Ofeitoaman sigue mantendo os seus principios: regalos auténticos, feitos por persoas que viven e traballan en Galicia e que pasan directamente das súas máns as do usuario ou consumidor.
Toda a información sobre a feira e datos de todolos expositores en:
www.ofeitoaman.org/2017
|
|
|