28/07/2017, Feiras

Mostrart 2017 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña

Dende o 29 de xullo e ata o 15 de agosto se celebra a edición número 33 da feira de artesanía Mostrart, a máis importante e de maior prestixio das que se celebran en España durante o verán. Conta ca participación de 53 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia, prácticamente todos acollidos a Marca oficial da Artesanía de Galicia.

Os expositores se repartirán en 43 casetas, participando algún deles a primeira parte da feira e outros a segunda.

O cartel deste ano é unha homenaxe os Xardíns de Méndez Núñez, un espazo ideal que acolle a feira dende 1985, e que se convirte nunha festa da creatividade e a cultura durante cada mes de agosto.

A nova ubicación da feira, frente o Cantón Pequeno, con máis espazo nos arredores permite a organización de actividades. Este ano se organizará un obradoiro de cerámica os días 1, 2 e 3 de agosto, e outro de tapices, que permitirá tecer espontáneamente nun gran bastidor cúbico, os días 8, 9 e 10 de agosto. A participación será gratuita.

A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, do Concello da Coruña e da Deputación Provincial da Coruña.

Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que ten a súa sede na Coruña. AGA é unha asociación profesional que traballa na promoción da artesanía dende 1983, e conta con socios en toda Galicia.

www.mostrart.org/2017


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • Mostrart 2017 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia