08/09/2012, Concursos

Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"

O xurado do IX Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, convocado cada dous anos pola Deputación Provincial da Coruña, fallou os premios o xoves 6 de setembro, resultando gañadoras as pezas "Filigrana de fios" de Pilar Castiñeira (Culleredo-A Coruña) na modalidade Tradicional e o "Bolso Oito" de Ana Serra (Santiago-A Coruña), na modalidade Contemporánea.

“Filigrana de Fios”, é un Camiño de Mesa (115x39 cms) bordado con bolboretas e motivos florais sobre tela de liño 100% que inclue un compendio das técnicas máis refinadas do bordado tradicional. Unha obra de gran dificultade técnica e laboriosa realización que consigue un resultado de calidade excepcional.

“Bolso Oito” e un bolso de coiro de curtido vexetal, realizado con técnicas de conformado, tallado con gubias, tinxido e cosido manualmente.
Trátase dun deseño limpo, perfecto e eficiente, xa que aproveita as cualidades do coiro para minimizar a confección, convertindo a peza nun obxecto atractivo, realizado con materiais de primeira calidade e totalmente funcional.

Os premios teñen unha dotación de 4.500 euros para cada modalidade, e conlevan a adquisición das obras.

Ademáis, o Xurado, acordou a adquisición de 15 obras máis dos artesáns: Susana E. González Amado (Tertulia), Manuel Lubián (Mariñeiro), Sixto Ramos Xogo de abrecartas), Carmen Riveiro (Corsé de encaixe), Victoria Montenegro (Totalla Talaso), María Silva (Plantone), Idoia Cuesta (Sonos), Rosa Méndez (Amanecer 001), Edita Rodríguez (Conxunto de espellos Celia), Pilar Conde (C@lor), Gabriela Méndez (Florecer), Lidia Nieves (Avión), José M. Ortíz (Cuchillo con mango de plástico Raspa), Ana Camba (Verde que te quiero verde) e Josefina Sedes (A sobriña do Serafín).

O importe total das obras premiadas e adquiridas acadou prácticamente a dotación máxima contemplada nas bases, que e de 15.000 euros, todolos impostos incluidos.

Finalmente o Xurado seleccionou 35 obras máis que, xunto cas premiadas e adquiridas, formarán parte dunha exposición que percorrerá 10 concellos da provincia da Coruña e para a que se editará o correspondente catálogo.

Nesta edición do certame presentáronse 230 obras (20 máis que na edición anterior) de 74 artesáns, entre as que se realizou unha primeira selección, a través de fotografías, de 112 obras que os seus autores presentaron para ser valoradas finalmente polo xurado, presidido por: María Elvira Padin Fernández, vicepresidenta segunda da Deputación da Coruña e actuando como vocais:

Elena Ferro Lamela (artesá e premio na modalidade contemporánea da anterior edición)
Concepción Canoura Leira (artesá experta en encaixe)
Jesús Vázquez Montero (director artístito, escenógrafo, artesán…)
Inmaculada de Dios Teijeira (artesá experta textil)
José Francisco Escudero Carril (artesán canteiro e escultor)
Gonzalo Porral Mato (profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña)
Elena Fabeiro (xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño).

O comisario do certame é Manuel González Arias, e o coordenador Marcos Sánchez.


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2021
  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia