28/03/2012, Varios

Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia

Ademáis dos "Talleres del Ágora" que figuran na noticia anterior, e dentro da programación dos Días Europeos da Artesanía, van a ter lugar outras accións promovidas por colectivos de artesáns e obradoiros individuais en toda Galicia.
Estas son as confirmadas a data de hoxe:

Acción artesán: organizada tamén polo Concello da Coruña coa axuda da Xunta de Galicia e a coordenación do obradoiro Terralume (A Coruña).
Consistirá en demostracións durante o día 30 de marzo e exposición de productos en vitrinas no Cantón Grande da cidade desde o día 30 de marzo ao 3 de abril (incluido).
Nesta acción participan 23 obradoiros artesáns de toda Galicia.

Na Alameda de Marín, demostracións, xogos para nenos e exposición de productos. Marcelo Scapinachis do Taller Sur é o coordenador coa axuda do Concello de Marín.

En Sober (Lugo), coincidindo ca Feira do Viño de Amandi o 31 de marzo e o 1 de abril, exposición e demostracións de olería tradicional e outros oficios.

No obradoiro de Anna Champeney en A Teixeira (Ourense), obradoiro aberto os tres días de 12 a 14 h.

Curso de enfiado no Grove (Pontevedra) os días 31 de marzo e 1 de abril, organizado pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Encontro de Palilleiras en Cervo (Lugo), no Pabellón Municipal o día 31 de marzo.

Obradoiro Aberto de Cerámica Leandro en Goian (Pontevedra), os tres días de 10 a 21 h.

Felicidades a todolos participantes nesta primeira edición dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida pola Fundación Española para a Innovación da Artesanía e de Oficio y arte, a Organización dos Artesáns de España.
Máis información na web oficial, na que tamén se poden consultar actividades no resto de España:

www.diasdelaartesania.com/home



documentación

accion_artesana.pdf (1028,1 KB)


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • Mostrart 2017 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia