03/11/2011, Concursos

Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011

Acábanse de dar a coñecer os galardoados da VI edición dos Premios Nacionales de Artesanía na gala celebrada no Ministerio de Industria, Turismo y Comercio en Madrid.

Son os seguintes:

Premio Nacional de Artesanía 2011
Luziferlamps, empresa de iluminación de Chiva (Valencia).
Dotado con 14.000 eur, este premio recoñece o conxunto dunha traxectoria consolidada.

Finalistas Premio Nacional
· Art Antic L'Alcora, empresa de cerámica de Alcora (Castellón).
· Arturo Álvarez Calor Color, empresa de iluminación de Vedra (A Coruña).
· Taller de Organería Acitores, empresa de organería de Torquemada (Palencia).
· Vetraria Muñoz de Pablos, empresa de vidreiros de Segovia.

Premio Producto
Luesma Vega, S.C.P., vidreiros de Barcelona, pola súa colección 55bcn.
Este premio, cunha dotación de 7.000 eur, outórgase aos produtos ou coleccións realizadas e comercializadas nos dous anos anteriores á convocatoria.

Finalistas Premio Producto
· Daniel Gil de Avalle, luthier de Granada, polas súas Guitarras Elite e Premium Flamenca e Clásicas.
· Elena Ferro Lamela, zoqueira de Merza – Vila de Cruces (Pontevedra), pola súa colección E.Ferro.
· Isabel Sánchez Cañedo, xoieira de Toledo, e o damasquinador Óscar Martín, pola súa colección "La City".
· Maite Marco Muro, xoieira de Tafalla (Navarra), por “Lamai Colección”.

Premio Innova
Declarado deserto polo xurado.
Sen embargo, outorgouse, por unanimidade, unha mención especial Idoia Cuesta Alonso, polo seu traballo na cestería téxtil, combinando fibras naturais e fibras vexetais. O xurado valorou o compromiso coa evolución da artesanía contemporánea que supón o seu innovador traballo, así como o seu potencial creativo.

Finalistas Premio Innova
· Alep Interpiel, S.L., empresa de pel de Prado del Rey (Cádiz), pola súa colección “Alep Kids: fabricación de artigos de pel e accesorios para bebés”.
· Jordi Ribas, artesán da madeira de Colonia de Sant Pere (Illas Baleares) polo seu traballo Ventana Mediterránea estilo "bolet".
· Mármoles Esteban García, S.L., de Palencia polo seu traballo coas resinas de poliéster e a súa aplicación na creación de obras artísticas.
· Miguel Sansón, S.L., artesán do ferro de Almoharín (Cáceres) pola súa obra “Silla Venus”.

Premio Promociona para Entidades Privadas
Regal Cerámica, S.L. (Galicia).
Cunha dotación de 7.000 eur, concédese pola dedicación á posta en valor da artesanía, contribuíndo coa súa actividade a darlle unha maior visibilidade nun entorno favorable e de prestixio.

Finalistas Premio Promociona para Entidades Privadas
· Factor Mallorquin Carear, S.L. (Illas Baleares).
· Fundación Centro Tecnológico de la Piel de Andalucía - MOVEX- (Andalucía).

Premio Promociona para Entidades Públicas
Consorcio de Gestión del Centro de Artesanía de la Comunidad Valenciana.
O xurado valorou a traxectoria de máis de 20 anos dedicados exclusivamente ao fomento da artesanía valenciana, converténdose nun referente nacional con seus proxectos e actuacións.

Finalistas Premio Promociona para Entidades Públicas
· Dirección General de Innovación, Industria y Comercio del Gobierno de La Rioja.
· Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño - Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.

Ademais, coincidindo con este acto, inaugurouse na sede do Ministerio (Paseo de la Castellana 160 de Madrid), unha exposición cos principais traballos dos artesáns premiados e finalistas desta edición.A mostra permanecerá aberta ata ó 29 de novembro de luns a venres, de 9 a 15 h.
Posteriormente a exposición viaxará a distintos puntos de España.

A esta edición presentáronse 103 candidaturas procedentes de Andalucía, Asturias, Baleares, Canarias, Castilla - La Mancha, Castilla y León, Cataluña, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Madrid, Murcia, Navarra y La Rioja.

Fundación Española para la Innovación de la Artesanía
General Zabala 12
28002 MADRID
T 915 610 262
www.premiosnacionalesdeartesania.com


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2021
  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia