'Pepa e Max', deseño de Laura Lucio para Olería de Bonxe-Pepa (Lugo). Unha invitación a que o material empregado para a preparación de alimentos polos nosos antepasados, volva a entrar na nosa cotidianeidade. Calidade e sabor artesán. Deliciosos.


 Pulsa sobre cada imaxe para ampliar.

05/11/2007, Proxectos

Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III

Durante o primeiro semestre de 2007, dez obradoiros artesáns galegos participaron na terceira edición do proxecto Deseño e Artesanía, promovido pola Fundación Española para a Innovación da Artesanía ca participación da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño que depende da Consellería de Innovación e Industria.

O proxecto desenvolveuse en Castilla-La Mancha, Canarias e Galicia, e consistiu no desenvolvemento de prototipos de productos, ou novas liñas de producto, grazas a colaboración entre un deseñador industrial profesional e un obradoiro artesán.

En total participaron 50 artesáns de diferentes oficios, dos que 10 foron galegos.

Pepa, filla de Indalecio Lombao, o oleiro que mantivo en activo o último obradoiro no centro oleiro de Bonxe (Lugo), traballou con Laura Lucio para “Invitar ó máis antigo e natural material empregado para a preparación de alimentos polos nosos devanceiros, a volver a entrar na nosa cotidianidade. “Pepa e Max” é unha pequena colección de instrumentos de cociña en barro, de forma e uso actuais, calidade e sabor artesanal.”

Belategui Regueiro de Cambre (A Coruña) -www.belateguiregueiro.com- traballaron con Natalia Moreno García-Lombardero nunha colección de bolsos de formas sinxelas e actuais, elaborados con teas confeccionadas en teares de baixo lizo, nos que a técnica de alta calidade combinase con aplicacións compostas por elementos antigos, que no seu conxunto apórtanlle exclusividade e distinción a cada unha das pezas.

Ricardo Antelo de Taller de Cantería (Ponteceso-A Coruña), traballou nun deseño de Vicente Porres Huelmo. Un obxecto que invita a ser tocado e a introducirse nos seus ocos, explorando lugares de reflexión onde pararse a observar a natureza ou ler un libro. A cuberto da choiva na parte inferior, disfrutando do sol na parte superior. Máis que un obxecto, un lugar, unha escultura, un refuxio.

Outros obradoiros como o de A Feitura (A Coruña), Acebo (O Rosal-Pontevedra), Santín (Cambre-A Coruña), Muebles Porto (Palas de Rei-Lugo), Tamiz Joyeros (Bergondo-A Coruña), De Vidro (Monforte-Lugo), Taller de Fer (Santiago), realizaron bolsos de coiro, elementros de vidro, mobiliario, xoias ou elementos de escritorio.

Todos eles se encontran recollidos nun catálogo, xunto cos outros 40 prototipos realizados en Castilla-La Mancha e Canarias.

Novas ideas, a maioría delas espectaculares, que conforman xa un novo catálogo de productos artesáns. Unha nova percepción da potencialidade dos pequenos obradoiros artesáns galegos.


volver      portada
imprimir      

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart 2021
  • Mostrart 2020
  • Ofeitoaman 2019
  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia