Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.
Back

Ampliación prazo solicitudes Ofeitoaman Sanxenxo 2023

En acordo co Concello de Sanxenxo e para facilitar a inscrición formal na feira a quen quedou sen praza en Mostrart ampliamos nunha semana o prazo para solicitar participar en Ofeitoaman Sanxenxo. 
 
Deste xeito o novo prazo para solicitar a feira remata o vindeiro venres, 9 de xuño.
 
Existe a posibilidade de solicitar casetas de 4 metros de fronte por 2,5 metros de fondo.
 
Esta edición da Feira de Artesanía de Portonovo celebrarase do sábado 15 de xullo ao domingo 27 de agosto, ambos inclusive.

As solicitudes poden ser para todo o período da feira ou para as seguintes quendas (de xeito continuado ou alterno):

Do 15 ao 23 de xullo, do 24 ao 30 de xullo, do 31 de xullo ao 6 de agosto, do 7 ao 13 de agosto, do 14 ao 20 de agosto, do 21 ao 27 de agosto.

Todo o procedemento de solicitude faise nun formulario en liña, no que tamén se pode incluír a documentación requirida. Se tamén presentaches solicitude para Mostrart, non tes que volver a enviar a documentación coincidente.

Bases Feira