Asoc. Galega de Artesáns
Camiño da Igrexa nº 38,
15009 · A Coruña (ES)
· · ·
T 981 29 36 88
asociacion@galegadeartesans.org
Visitanos de 9 a 14 h de L. a V.
Back

Convocatoria Mostrart 2023

Abrimos o prazo para solicitar participación na edición 39 de Mostrart, que se desenvolverá dende o sábado 29 de xullo até o domingo 27 de agosto, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

En colaboración co Concello da Coruña e coa axuda da Deputación da Coruña, a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e a Fundación Artesanía de Galicia.

A participación está aberta a obradoiros artesáns profesionais galegos e de fóra de Galicia.

O prazo de solicitude remata ás 14 h. do venres 5 de maio.