A Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia dispón dun Plan de apoio á artesanía que contempla diferentes axudas que se convocan anualmente.
Axudas sectoriais:
Para o fomento da comercialización da artesanía galega.
Convocatoria 2022
Axudas sectoriais:
Para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal.
Convocatoria 2023. EN PRAZO ATÉ O 28 DE MARZO
Nova Lei de Artesanía:
A Xunta de Galicia iniciou o proceso para a aprobación dunha nova Lei de Artesanía de Galicia en febreiro do ano 2021.
Inicialmente publicando no portal de transparencia o anteproxecto e abrindo o prazo de alegacións, ao que se presentaron 185 suxestións, incluíndo as da nosa Asociación.
A Asemblea do 2022 acordou propoñer para a fase de tratamento do anteproxecto no Parlamento de Galicia que se recolla na Lei a definición da Carta Internacional de Artesanía e xa foi formulado así aos representantes dos distintos partidos políticos con representación no Parlamento en distintas reunións.
O procedemento non chegou aínda á sede parlamentaria, pero xa foi sometido a revisión no último Pleno da Comisión Galega de Artesanía.
Cualificacións Profesionais:
Conxunto de competencias profesionais con significación para o emprego que poden ser adquiridas ben por formación ou a través da experiencia laboral.
Obrigas comerciais:
Se comercializas produtos ao público debes ter a disposición dos consumidores follas de reclamación oficiais.
Normativa metais preciosos:
Considéranse metais preciosos o platino, o ouro e a prata.
Denomínanse obxectos fabricados con metais preciosos os que conteñan, total ou parcialmente calquera dos tres elementos indicados, na proporción legal establecida na propia lei.
A fabricación, tráfico e comercialización destes obxectos está sometida aos preceptos destas regulacións.
Protección de datos:
A protección de datos está regulada en España por unha lei específica e un organismo público, a AEPD, Axencia Española de Protección de Datos.
Todas as persoas físicas ou xurídicas, e as entidades privadas ou públicas, que usen datos persoais de terceiras persoas físicas na súa actividade empresarial ou profesional están obrigadas a cumprir a Lei de Protección de Datos.
Os plans de protección adoitan contratarse con empresas especializadas, pero existe unha ferramenta gratuíta para casos nos que se manexen datos de nivel baixo.