|
|
|
|
|
|
|
requisitos
Para integrarse en AGA é necesario acreditar a cualificación profesional á que se refire a Lei 1/1992, de 11 de marzo de Artesanía de Galicia:
“Para os efectos da presente lei, terá a consideración de actividade artesanal toda actividade económica que supoña a creación, producción, restauración ou reparación de bens de valor artístico ou popular, así como a prestación de servicios, sempre que estes se presten ou obteñan mediante procesos nos que a intervención persoal constitúe un factor predominante e o producto final sexa de factura individualizada e distinta a da propiamente industrial. Esta consideración será recoñecida mediante a inclusión na Sección de Actividades Artesanais do Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia.”
É importante ter en conta que AGA integra soamente a profesionais individuais, non a entidades xurídicas, anque é posible asociar a varias persoas dun mesmo obradoiro e empregar o nome comercial ou xurídico da empresa como referencia.
documentación
Polo momento, a documentación para solicitar a integración na asociación pódese tramitar por correo postal e debe estar acompañada de fotografías e información suficiente sobre a actividade artesá do interesado/a.
A información de carácter xeral sobre a asociación, o seu funcionamento interno e o trámite de solicitude de admisión atópase recollida no documento: Asociación Galega de Artesáns, a ferramenta imprescindible, que pode obterse aquí en formato PDF:
a_ferramenta_imprescindibel.pdf (66 KB)
resolución
A Xunta Directiva da asociación estudia cada solicitude de forma individual e a acepta ou denega, comunicando o resultado ó interesado/a.
cotas
Actualmente as cotas son de 10 euros ó mes, anque se poñen ó cobro -por adiantado- en cada semestre natural (primeiros días de xaneiro e primeiros días de xullo), polo que estos recibos son de 60 euros netos.
Non existe cota de entrada ou inscripción, pero os novos socios deben ingresar as cotas correspondentes ó primeiro ano, no momento de ser admitidos (120 euros). |
|
 |
|
|
|
| ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS |
|
Camiño da Igrexa 38 · 15009 A Coruña (España)
T 981 293 688 · F 981 133 569 ·
|
|
|
|