AGA dispón dunha oficina en A Coruña, aberta de 9 a 14 h. e de luns a venres.

Desde esta oficina realizase a xestión de todolos servicios e actividades que desenvolve a asociación, desde un enfoque profesional.

Estes son algúns dos servicios que se prestan ós socios:

Informa periódicamente, por correo postal, correo electrónico ou teléfono, das noticias, convocatorias, feiras, subvencións, demandas de particulares ou empresas, novedades lexislativas, etc.

Realiza os trámites dos seus socios nas diferentes seccións do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, excepto no da Carta de Mestre Artesán.
Por este procedemento obtense a Carta de Artesán e a cualificación de Taller Artesán en Galicia, necesaria para solicitar calquera tipo de axuda do programa de apoio á artesanía da Consellería de Innovación da Xunta de Galicia.

Integra automáticamente os seus socios en Oficio y arte, Organización de los Artesanos de España (OAE), que acceden ós seus servicios: asesoría en materias de Internet, deseño e aloxamento de páxinas web, rexistro de dominios, recepción da revista Oficioyarte cada dous meses (suscripción incluida na cota de AGA) e aparición no directorio da web www.oficioyarte.org

Defende os intereses profesionais dos artesáns: promoveu a redacción da Lei de Artesanía de Galicia actualmente en vigor, da Comisión Galega de Artesanía e do Centro Galego da Artesanía e do Deseño; participa na campaña do artígo 130.1 da Constitución Española no que se refire á artesanía, a través de Oficio y arte, OAE; involucrouse en diferentes xestións en relación o Estatuto do Traballo Autónomo; participa nas reunións da Comisión Galega de Artesanía e das súas comisións de traballo; colaboura con diferentes institucións públicas e entidades privadas en temas de interese para o sector.

Organiza feiras de venda directa: Mostrart en A Coruña, e Ofeitoaman en Vigo, ambas con máis de 25 anos de existencia, e colabora con numerosas feiras organizadas por outras entidades, tanto en Galicia como no resto de España ou noutros países.

Organiza diversas actividades de promoción: encontros, cursos, edición de publicacións, visitas a feiras, xornadas técnicas, etc.

Asesora sobre calquera aspecto relacionado co exercicio dun oficio artesanal e busca información sobre as demandas que poidan plantexar os seus socios (proveedores, actividades, axudas, lexislación…).

A través desda web, pon a disposición de compradores profesionais ou privados, o meirande catálogo de artesanía de Galicia, continuamente actualizado. Cada socio dispón dunha mini-web na que se pode coñecer o tipo de producción que realiza e os seus datos de contacto.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  asociacion@galegadeartesans.org

[ política de privacidade ]