27/07/2010, Feiras
XIV ArteSanFroilán en Lugo
Do 5 ao 12 de outubro de 2010 na Praza de Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello).
Xuntar ao impreso de solicitude a fotocopia da Carta de Artesán, do DNI ou NIF, tres fotografías (mínimo) de pezas e unha do stand montado e enviar antes do 26 de agosto ao enderezo indicado.
Podese compartir stand, presentando solicitude conxunta (como máximo dous artesáns), e o custe en calquera caso é de 60 eur/m2 ive engadido para stands modulares de 6 m2.
A organización establece un premio ao mellor stand dotado con 1.000 eur, avaliado polo deseño, a presentación de produto, a orixinalidade e o maior esforzo por mellorar a imaxe da feira.
Adxuntamos solicitude da feira en pdf.
Centro de Artesanía e Deseño. CENTRAD
Ref. ARTESANFROILÁN 2010
Travesía Rúa Chantada s/n, 27004 LUGO
T 982 210 066
F 982 219 014
info@centrad.org
|
|
|