
|
02/07/2010, Exposicións
Coctel de Xoias. Alumnos Escola Xoiería do Atlántico.
Hoxe, venres 2 de xullo, ás 19 hs inaugúrase na Galeria de Arte Sargadelos de Vigo, na rua Urzaiz 17, unha exposición denominada Coctel de Xoias, recollendo traballos dos alumnos da Escola de Xoiería do Atlántico que remataron o seu ciclo formativo, pezas que baseadas na creatividade, amosan un definido carácter diverxente e deixan ver o elevado nível destes novos deseñadores, preparados para competir internacionalmente.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xullo, e pode ser visitada no horario comercial da galería, de 10 a 14 h, e de 17 a 20 h.
www.escuelatlantico.com
|
|
|