01/07/2013, Varios

II Encontro da Artesanía Tradicional
e Popular de Galicia

Do 5 ao 7 de xullo, en os Pendellos - Agolada (Pontevedra), posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

máis información


05/04/2013, Varios

A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, recolleu o premio á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Os galardóns recoñecen o traballo da Consellería de Economía e Industria no impulso á innovación, o deseño, a formación e a mellora da comercialización do sector artesán.

máis información


04/04/2013, Varios

Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña

Baixo o título de "Oficios en Acción" e dentro da programación dos Días Europeos da Artesanía, o Concello da Coruña organiza oito obradoiros abertos os días 6 e 7 de abril, que permitirán a todolos públicos achegarse a oito oficios artesáns.

máis información


22/08/2012, Varios

Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)

Do 21 ó 23 de setembro. Os poñentes este ano son os torneiros franceses Isabelle Martin, Benoît Averly e Jacques Vesery.

máis información


28/03/2012, Varios

Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia

Ademáis dos "Talleres del Ágora" que figuran na noticia anterior, e dentro da programación dos Días Europeos da Artesanía, van a ter lugar outras accións promovidas por colectivos de artesáns e obradoiros individuais en toda Galicia.
Estas son as confirmadas a data de hoxe:

máis información


27/01/2012, Varios

Adiós a Xosé Manuel Seivane

Hoxe morreu en Cambre (A Coruña), Xosé Manuel Seivane a idade de 90 anos.
O seu apelido é sinónimo de excelencia na producción de gaitas. Unha excelencia que queda a bon recaudo nas máns dos seus fillos que, con él, con paciencia e traballo ben feito, conseguiron convertir o Obradoiro de Gaitas Seivane nun símbolo e un exemplo de coherencia artesanal.

máis información


03/02/2011, Varios

España, Francia e Italia asinan a Carta Internacional da Artesanía en París

O sábado 22 de xaneiro, o presidente de Oficio y arte, OAE, Manuel González, que ostenta este cargo en representación da Asociación Galega de Artesáns, asinou xunto as organizacións profesionais CNA e Confartigianato (Italia), e Ateliers d'Art de Francia, a Carta Internacional da Artesanía, acto que contou ca presenza de Frédéric Lefebre, Secretario de Estado e Ministro de Comercio e Artesanía de Francia, que tamén asinou o documento como alto patrocinador.

máis información


09/05/2008, Varios

Concedida a Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes os Oleiros de Buño

O Consello de Ministros, a proposta do ministro de Cultura, César Antonio Molina, concedeu o 9 de maio unha das Medallas de Ouro ó Mérito nas Belas Artes os Oleiros de Buño (Malpica de Bergantiños-A Coruña).

Estas medallas serán entregadas nun acto presidido polo Rei na Coruña.

Felicidades!

máis información


11/01/2008, Varios

Documental 'Isaac'

ISAAC é un documental de 55 minutos que conta o pensamento e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre boa parte dos acontecementos e da vida que lle tocou e lle está tocando vivir.

máis información


20/11/2007, Varios

A Deputación da Coruña acada o Premio Nacional de Artesanía na modalidade Promociona

A Asociación Galega de Artesáns presentou a catro candidatos á segunda convocatoria destes premios…

máis información


páxina:   < 1 2 >

últimas noticias

concursos


  • Convocado o X Premio de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • Miguel A. Fernández e Pilar Rei Teixeiro gañan o primeiro Premio de Artesanía da Mariña de Lugo
  • Fallado o IX Certame de Artesanía "Antonio Fraguas Fraguas"
  • Luziferlamps gaña o Premio Nacional de Artesanía 2011
  • Elena Ferro e Miguel Sánchez gañadores do
    VIII Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”
  • cursos


    exposicións


  • Marta Armada e Xosé Dávila, socios de AGA, participarán na exposición 'O mellor da artesanía contemporánea en Europa'
  • feiras


  • Mostrart talento fresco para o verán
  • Ofeitoaman 33
  • Mostrart 2017 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
  • Ofeitoaman 2016, Artesanía de Galicia en Vigo durante o Nadal
  • lexislación


    proxectos


  • Rutas e Mapa da Artesanía de Galicia
  • Deseño e Artesanía - Espectaculares resultados do proxecto D’artes III
  • varios


  • II Encontro da Artesanía Tradicional
    e Popular de Galicia
  • A Xunta de Galicia gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría Promociona para Entidades Públicas
  • Días Europeos da Artesanía no Ágora da Coruña
  • Encontro de Torneiros en Xermade (Lugo)
  • Máis accións nos Días da Artesanía en Galicia