A Consellería de Innnovación da Xunta de Galicia ven convocando anualmente diferentes liñas de axudas á artesanía, anque como micro-empresas, os obradoiros artesanais tamén poden acollerse ás liñas de axudas de outras institucións e organismos.

Aquí reseñamos as máis relevantes para obradoiros artesanais, podes consultar e descargar esta documentación nos seguintes enlaces:

Convocadas as axudas para asistencia a feiras e outras accións de comercialización para a Artesanía de Galicia
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201G).
Programa de subvencións Bono Autónomos 2018
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Axudas para a contratación e/ou formación de persoas menores de 30 anos
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 27 de marzo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR349T).
Subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices e se procede á súa convocatoria.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 15 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións aos obradoiros artesáns para incentivar a realización de acordos de formación de aprendices e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (código de procedemento IN201K).
Subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a dixitalización e modernización de empresas comerciais e artesanais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN201H).
Subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento IN228A).
Axudas á promoción de emprego autónomo 2018.
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais
  • Instituto Galego de Promoción Econnómica
  • Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).
Programa de subvencións Bono Autónomos
  • Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do
    Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR341Q).
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  asociacion@galegadeartesans.org

[ política de privacidade ]