Publicacións divulgativas e promocionais editadas tanto por AGA
como por outras institucións ou entidades.

 Pulsa en cada portada para ampliar a imaxe

Artesanía de Galicia - axudas e actuacións
  • Folleto editado pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, sobre axudas e actuacións durante 2008. Inclue os cursos e as actuacións programadas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

folleto_artesania_08.pdf (343 KB)
ARTEGALEX - Artesanía Galega Exclusiva
  • Catálogo orientado ó regalo de empresa do grupo Artegalex, que recolle unha gran variedade de productos orixinais e exclusivos, a prezos competitivos.
  • (editado en outubro de 2007)

artegalex_07.pdf (1,4 MB)
Artesanía de Galicia - axudas e actuacións
  • Folleto editado pola Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, sobre axudas e actuacións durante 2007. Inclue os cursos e as actuacións programadas pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

folleto_artesania_07.pdf (250 KB)
Mostrart07
  • Catálogo de Mostrart07, á feira de artesanía máis importante de Galicia en número de expositores, duración e asistencia de público. Organizada por AGA dende 1985 nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña no mes de agosto.

catalogo_mostrart_07.pdf (452 KB)
Guía TIC - 2006
  • Editada en colaboración ca Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Explica cunha linguaxe crara e comprensible en qué consisten as novas tecnoloxías e para qué son útiles nun obradoiro artesanal.
  • Esta guía é gratuita para artesáns en Galicia.

guia_tic.pdf (2 MB)
Plantexamentos de Árbores
  • Unha das exposicións producidas por AGA e inaugurada no Museo do Pobo Galego en 1998.
  • Presentaba tapices de nove tecedores galegos, co tema monográfico do “árbol”.
  • (esgotada)
Artesán 5 - decembro 1993
  • Baixo o título de “Toda a Artesanía de Galicia” este número presentou un gran catálogo de productos asociados a retratos dos seus autores no seu ambiente de traballo.
  • Foi moi ben acollido, xa que presentaba á artesanía de Galicia baixo un prisma de optimismo, modernidade e naturalidade.
  • (esgotada)
Artesán 4 - abril 1992
  • Inclue unha reportaxe sobre novas formas no mundo da cestería e unha nova sección “Zoco” cunha marcada intencionalidade comercial.
  • (esgotada)
Artesán 3 - xuño 1991
  • Varios artigos de actualidade: A Primeira Conferencia Europea de Avignon; a construcción dos instrumentos musicais do Pórtico da Gloria; ou a reportaxe sobre a Primeira Semán Nacional de Cerámica en Santiago de Compostela.
  • (esgotada)
Artesán 2 - segundo semestre 1989
  • Conten un monográfico sobre o téxtil artesanal de Galicia, con artigos sobre cursos de deseño e divulgación do téxtil artesanal na provincia de Ourense, o téxtil na educación, as alfombras do Museo de Belas Artes de A Coruña ou a Bienal de Tapicería de Lausanne (Suiza).
  • (esgotada)
Artesán 1 - primeiro semestre 1989
  • A revista adopta o formato A4 e un contido orientado ó sector, con artigos de opinión, reportaxes, noticias, sección de publicacións e unha coidada maquetación.
  • (esgotada)
Artesán 0
  • O número cero da revista máis relevante da artesanía en Galicia. Editado en 1988 en galego, castelan e inglés. Distribuíronse 5.000 exemplares e supuxo un grande acontecemento para o sector.
  • Contribuiu a renovar o interese social pola Artesanía e a proxectar unha imaxe de modernidade.
  • Ten especial importancia a excelente fotografía, realizada por: Xosé Abad, Xoan Piñón e Roberto Quintero.
  • (esgotada)
Outrasartesanías 84
  • Catálogo da segunda edición desta exposición. A primeira, en 1983, foi a primeira actividade pública de AGA.
  • Unha exposición histórica que se recorda como a presentación pública da artesanía contemporánea en Galicia.
  • (esgotado)
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  F 981 133 569  ·  asociacion@galegadeartesans.org