As feiras de artesanía que se celebran en Galicia:

Ofeitoaman
  • A feira de artesanía por excelencia de Vigo (Pontevedra).
    Vense celebrando dende 1985 en diferentes ubicacións.
    Nos últimos anos móntase nunha carpa na Praza da Estación durante as datas do Nadal.
    Arredor de 40 expositores.
  • Do 20 de decembro do 2007 ó 5 de xaneiro do 2008
  • Praza da Estación
  • VIGO (Pontevedra)
  • Asociación Galega de Artesáns
  • T 981 293 688 · F 981 133 569
  • www.ofeitoaman.org
Mercado do Nadal de Ribadeo
  • Alimentación e artesanía. Stands de balde
  • Do 6 ó 9 de decembro (2007)
  • Parque de San Francisco
  • RIBADEO (Lugo)
  • Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo
  • T 982 128 650 · F 982 130 975
  • adl@ribadeo.org
Arte San Froilan
  • Coincidindo cas festas de San Froilán, unha das celebracións patronais con máis sona de toda Galicia, na Praza da Soedade, no mesmo centro da cidade, baixo carpa e en stands modulares, con arredor de 20 obradoiros artesáns.
  • Do 4 ó 12 de outubro (2007)
  • Praza da Soedade
  • LUGO
  • Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo
  • T 982 210 077
Feira de Artesanía Popular Galega
  • Coincidindo cas festas patronais de Viveiro, máis de 40 obradoiros artesáns presentan todo tipo de productos de cestería, talla en madeira, coiro, téxtil, metal, cerámica, olería, etc.
  • Do 11 ó 18 de agosto (2007)
  • Xardíns da Travesía de A Mariña
  • VIVEIRO (Lugo)
  • Comisión Feira de Artesanía
  • T 607 303 555
Mostra de Olería de Buño
  • Exposición e venda de olería popular de Buño, o principal centro alfareiro de Galicia na actualidade.
    Amplio programa de actividades, demostracións, folclore, etc.
  • Do 10 ó 19 de agosto (2007)
  • Casa do Oleiro - Buño
  • MALPICA DE BERGANTIÑOS (A Coruña)
  • Concello de Malpica de Bergantiños
  • T 981 711 303
Alfaroleiros
  • Unha selección de oleiros chegados de toda España expoñen as súas pezas o aire libre na herba do Parque. Desde a súa primeira edición no ano 1995 convertiuse nunha feira de referencia para o sector da olería. Diversos actos paralelos.
  • Do 8 ó 12 de agosto (2007)
  • Parque Luís Seoane de Santa Cruz
  • SANTA CRUZ-OLEIROS (A Coruña)
  • Concello de Oleiros
  • T 981 610 000
Argalica
  • En plena época estival e de turismo, nunha carpa con stands de 3x2 m e uns 30 expositores.
  • Do 3 ó 15 de agosto (2007)
  • Xardíns do Señal (Paseo Marítimo)
  • CANGAS DO MORRAZO (Pontevedra)
  • Afiga e Concello de Cangas
  • T 606 921 784
Artesanal
  • Desde o ano 98 combinando demostracións e actividades lúdicas paralelas, ca idea de dinamizar unha zona monumental na que en outros tempos abundaban os obradoiros artesanais. Tamen participan ONGs.
  • Do 3 ó 15 de agosto (2007)
  • Praza de Curros Enríquez
  • PONTEVEDRA
  • Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra
  • T 986 866 530
  • info@ccuzonamonumental.com
Feira de Artesanía - Arte Lemos
  • En stands modulares baixo xaimas, con obradoiros para nenos e demostracións de diversos oficios.
  • Do 3 ó 8 de agosto (2007)
  • Rúa Cardenal
  • MONFORTE DE LEMOS (Lugo)
  • Fundación Comarcal Terra de Lemos
  • T 982 416 046
Mostrart
  • A feira de artesanía máis importante de Galicia, celébrase dende 1985 no centro da cidade: nos xardíns de Méndez Núñez (frente ós Cantóns). Participan 55 obradoiros artesáns.
  • Do 28 de xullo ó 12 de agosto
  • Xardíns de Méndez Nuñez
  • A CORUÑA
  • Asociación Galega de Artesáns
  • T 981 293 688 · F 981 133 569
  • www.mostrart.org
Páxina:   < 1 2 >
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  F 981 133 569  ·  asociacion@galegadeartesans.org