Principais actividades organizadas pola Asociación Galega de Artesáns:

Ofeitoaman
  • A feira de artesanía por excelencia de Vigo (Pontevedra).
    Vense celebrando dende 1985 en diferentes ubicacións.
    Nos últimos anos no exterior do Centro Comercial A Laxe.
Mostrart
  • A feira de artesanía máis importante de Galicia. A súa primeira edición foi en 1985, e dende entón celebrase nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, arredor da primeira quincena de agosto.
Encontros profesionais
  • Dende 1996 AGA promoveu un formato de Encontros profesionais que acadaron un éxito considerable. Os Encontros dos Oficios do Coiro (Allariz-Ourense), os de Torneiros de Madeira (Xermade-Lugo), os de Ferreiros (A Fonsagrada-Lugo)…
    A súa propia dinámica contribuiu á creación de varias asociacións sectoriais que se fixeron cargo da organización destes Encontros, algúns deles con carácter estatal ou internacional.
    Si desexa máis información sobre calquera deles, póñase en contacto con AGA.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  asociacion@galegadeartesans.org

[ política de privacidade ]